XA abonda!
Acouga¡ Non lle deas máis voltas! Esa voz sae
do meu interior. Rematou, estou cansa..
Abro a porta da
casa, entro nun pequeno vestíbulo escuro,
prendo a luz e deixo as chaves na bandexa encima do moble. Aí vai todo a que
arranxamos nos petos. Na parede, da cor verde esperanza, colga unha pintura dun
retrato meu cando era nova; enfronte, tapando o cadro da corrente, un tapiz que merquei nunha viaxe a Ecuador daqueles tempos de aventuras, coa vida por diante. Os problemas aínda non se albiscaban.
Arrastro os pés
cansa, esgotada. Sento no chán da sala a escuras, encollo as pernas e as
abrazo deixando que caia a cabeza entre
elas, sen facer forza. Iso reláxame e o corpo descansa; aprendino cando tomaba
clases de ioga.
Xa un pouco reposta,
prepárome un roibos con canela. Prendo o televisor porque necesito compaña e
sento no sofá. Collo un pé e comezo a darlle unha masaxe có
aceite de romeu, dende o dedo gordo e rematando no maimiño, apertando na
curvatura entre as dedas e a almofada.
A tensión non diminúe. A imaxe do meu home preséntaseme de novo e as bágoas que rebordan na conca dos meus ollos pídenme
permiso para saír. Dou unha masaxe a
toda a planta dun pé e continuo có outro. Chámase reflexoloxia . Cando me ensinaron a traballar os pés non
crera que podía curar as doenzas con
esta practica. É como cando me dixeron que temos un segundo cerebro no ventre; farteime de rir.
Xa calma, repaso o
día. Non quedou sala de xogo que non mirase.
Carlos, o meu home, aínda que non estamos casados, soubo
ocultarme ben o seu segredo. Cando o coñecín sempre levaba no peto dous dados,
dicía que eran os seus amuletos, que lle traian sorte.
A vida é un xogo
para el. Un adicto incapaz de deixar de dilapidar a seu tempo, xogando máis e
máis para recuperar o perdido, converténdose en un ionki do azar: roubar, enganar,
grupos de auto axuda, terapias. Xa me coñezo todos os contos. Encarna e Teresa,
a súas fillas dun matrimonio anterior tamén desfeito polo xogo, están a sufrir
as consecuencias do delirio do seu pai. Teñen medo, os prestamistas róldanas
ameazantes.
Vou con elas falar
co avogado do xulgado. Asústanas. Herdarían todas as débedas, que non son
poucas, quedarían empeñadas de por vida.Están a tratar de que o xuíz lles conceda a custodia do seu pai, do seu xornal, da súa vida.
Non quero saber
nada. Xa non quero nada porque nada hai. Consumida e arruinada pásolles a
testemuña, e con ela os días sen sol.
Que morra, tanto me
ten. Só quero un novo abrente.
Novembro 2014

No hay comentarios:
Publicar un comentario