domingo, 27 de marzo de 2016

INDULTO



Camina despacio, el día fue largo y agotador.
La noche oscura y con niebla le dificultan la visibilidad.  Un escalofrío recorre su cuerpo delgado, se sube la solapa del abrigo y apresura el paso.
Está aturdida, piensa en el muerto. El que maquilló esa tarde. Catalepsia le habían dicho.
  – ¡Si solo fue un beso! ¡Un beso!
Un ruido la alerta, escucha voces… la persiguen.
La angustia se apodera de ella. Los escaparates de los comercios cobran vida y los maniquíes que horas antes sonreían agradando al público, le gritan…

 –¡Qué has hecho! ¡Ya era de los suyos! ¡No te perdonan!
Entra en crisis y, sin control grita en el  silencio  perturbador. En un recodo, al final de la calle, se oculta de las sombras acechantes… están ahí. Aterrorizada…  

 –Por favor... señorita… Señorita…
En la librería, Dulce da un respingo. Apoyada en una columna y embobada con la lectura, no escuchó por megafonía que era la hora del cierre.


Carmen Oliveira

martes, 22 de marzo de 2016

PRETIÑO DE TI (Enero 2015)


                
Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            14 febreiro     “Só por hoxe “quérote””  

Amor: Eu xa sei que a ti non che gusta, pero a min encántame!
“Hoxe é o día dos enamorados…  Xuntemos o teu sorriso e a miña canción…”
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            10 Marzo     “Só por hoxe necesítote ”  
   
Amor, sabes? No comercio da rúa Laranxa, esquina Oliva,  merquei uns zapatos vermellos!
Son de tacón altísimo , coma a ti che gustan!
Enfeitízate verme camiñar, e o  parviño que te pos cos eloxios!
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            23 Marzo     “Só por hoxe son feliz”
   
Amor: Lémbraste  do chiste de “Chiquito de la Calzada” que tanto che gusta e que eu odio?, pois hoxe pasárono pola tele. Rin a gusto, sentín as túas mans facéndome cóxegas. Por deus!, para para…
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            17 Abril     “Só por hoxe traballo con afán”

Meu amor, que día fermoso fai hoxe! É un deses días nos que o sol nos da a benvida,  nos acolle, nos invita; e xuntos, man sobre man,  camiñamos sen falar.
Enviar

 Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            3 Maio     ” Só por hoxe vótote de menos”

Jajajajaja  amor! Lembras aquel pequeno hotel na vila mariñeira de Laredo!
Amámonos con tanta paixón que solo recordalo estremezo. Seguro que aínda cheira ao noso perfume!
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto           18  Xuño     ” Só por hoxe ámote”

Querido meu: Domingo!, como corren os días!
Estou preguiceira , veño de espertar pensando en ti, collín a foto, aquela onde estás a presumir de bo corpo, lembras?, a que teño na mesa de noite de meu lado da cama?, e bícote, bícote, bícote.
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            10 Setembro     “ Só por hoxe teño bo dia”
     
Vida miña!  Parabéns! 48 anos! . Vouche facer o teu almorzo favorito:  sabes? Ese que te chupas os dedos, aínda que despois teñas que poñerte  a dieta. Co presumido que ti es!, e  tamén algunha lambetada, xa veras!
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            5 Outubro      “Só por hoxe son amable”

O outono chama á porta. Na aldea recolleron xa a uva. Lembras cando a machucabas no bocoi?
Cheirabas a viño e leña.  E despois  ... ruborízome só de pensalo.
Quérote meu amor.
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            9 Outubro      “Só por hoxe estou doente”

Querido: Hoxe estou enfadada, berrei cos rapaces!, xa sabes, polo mesmo de sempre.
Téñenme farta! . Que aburridos!
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González  <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto            15 Outubro:    ” Só por hoxe estou triste”

Meu amor! Espertei ás cinco da mañá , estirei o brazo e non te atopei. Teño frío.
Enviar

Mensaxe novo                                                 
Para                Bruno González<brunogonzalez@hayoo.es> 
Asunto            1 Novembro     “Só por hoxe non me arrepinto ”

Meu amor, meu amor: Eles teñen a razón, hoxe é un día como outro calquera; non, é mellor, hai vento  e as cinzas farán un remuíño que te levará  ao firmamento. Lucirás como unha estrela  e  despregarás unha escada de cores;  subirei un chanzo un día, e ao seguinte outro, e outro, e outro máis…

Enviar

sábado, 19 de marzo de 2016

AMOLAR É GRATUITO. (Noviembre 2015) Unha persoa calquera, dun día calquera, dunha vila como tantas ...

Déixovos una canción dun grupo galego, "Blues do país": Non amoles, se chachi.

https://www.youtube.com/watch?v=TH241wPr6cw


Atópome ben, por fin!
Saio á rúa toda posta, acicalado o pelo, solto, ao aire. O abrigo vermello, que merquei nas segundas rebaixas do inverno, séntame de marabilla. A miña nai aprendeume a rebuscar nos saldos.
Entro “na tenda de oportunidades” e atópome con fulaniña, hai tempo que non nos viamos:
-Ola! Bicos, e botámonos a leriar.
-estás estupenda, tes parella? -di ela.
-non -contéstolle. Xa teño o demo a rosmar na cabeza.
-Ah … non te preocupes, estás moito mellor así. Aínda que xa verás, xa verás como encontras. -Non teño ganas de rifar tan cedo!
Que doado é amolar!
Amáñome a roupa, doulle un aire ao cabelo, cruzo o bolso nas costas e saio de novo a rúa. Ergueita e co sorriso posto camiño para casa.
Chámame a atención unha muller que me fai sinais. Agardo a que se achegue.
-Es ti, coma che vai? -É unha coñecida do último traballo.
-Non cho dixeron? Teño un choio estupendo. Conseguino por fulano, amañoume o asunto. A ti non te chamaron, verdade? Non por nada muller, seguro que é pola idade.
Amolar, amolar.
Pretiño xa do meu refuxio, acordo mercar peixe para xantar. Entro no supermercado, na fileira teño tres persoas diante de min. Tócanme no ombreiro. É a muller do meu curmán, e bla bla bla. Xa rematabamos a conversa cando, como non, tiña que saír:   
-e que? xa es avoa?
-aínda non -contéstolle.  
-Pero, non teñen parella? Esta xuventude!
           -Está ben … que morra o conto.
-Escoita, contáronche a nova? A do fillo do teu veciño, o que fai culturismo? Vas rir!            
          -Pois verás, é actor porno! -dime toda chea.
-Arre demo!
-Si, os pais máis a avoa fóronche ao estreo do curto. Que modernos, non si?
Amolar, amolar.
Non quero pensar cando se saiba a noticia da única filla do irmán pequeno do meu pai. Despois de nove anos de casada, liscou con outra muller deixando a filliña dun ano. Estivo demasiado tempo acochada vivindo unha mentira.Vaise armar unha boa rexouba!
A bruma comeza a baixar e o meu peiteado tamén.
Eu que son portadora de mil batallas, sempre co estandarte en alto, camiño para casa farta. Non podo aturar máis. Volta a comezar un período de espírito construtivo.
Sempre amolando.
O demo está a rosmar

Co ímpeto que saín esta mañá! Isto teño que contarllo a alguén, sacalo de dentro. Escríbolle un whatsapp a unha amiga. Pois nada, non me contesta. Mellor envíolle un e-mail contándolle as miñas penas.
Non mirará o móbil? Meu Deus! Nin que fora a perder tanto tempo! por favor … ese becho que teño no bandullo  vai engordando, e eu, decaendo un pouquiño máis. Non teño folgos para seguir.
Amolar, amolar.
Ao serán, colles de axenda telefónica e dis, vou saber desta xente, a ver como andan … Ninguén,  pero que ninguén, eh!  ou non  collen, ou a  saber …
Vaia amoladura!
 Déuseme por facer restauración  na casa, e como non teño nin idea, lembreime de Úrsula, unha compañeira de cando estudei canto, que facía alarde de que no seu piso restaurou ela todos os mobles. Chámoa pola confianza que tiñamos.
-Ola, como estás?,  escoita … -e cóntolle sen presa.
-Claro que si muller! Faltaría máis, teño moito traballo pero, secasí, irei onda ti mañá ou pasado.
Pasan catro semanas! Eu xa tiña a cabeza machucada de tanto barallar.
Cando xa non contaba, aparece con mil desculpas e deseguido bótalle unha ollada ao andel, á mesa de centro e á cadeira de brazos. Herdanza da avoa, nai do meu pai. 
 -Isto non é nada, lixas por aquí, por alí …  nada, isto é doado.
-Que ben!, axúdasme entón?
 -Ai non!, tes que facelo ti mulleriña, se non, non das aprendido. Eu pásome cando remates  e se acaso xa che digo.
Esperei catro semanas para isto! Que carraxe teño!
Amolar é gratuíto!
Na caixa de correos atopei un aviso de certificado. Unha multa tal vez?
Vaiche boa! É da seguridade social, bótanme! Non me dan traballo, non me queren no paro. Pásanme as filas dos xubilados! Dou ao demo, xubilada!
Xa mo dixera a funcionaria que me atendeu fai dous anos, que podía pasar. Estou doente!
Mal anda o rato que non sabe máis dun burato!
De momento, mañá cambio de ruta, collo o urbano con destino Bouzas, ollarei escaparates, respirarei aire limpo preto do mar, sentarei nunha terraciña cun café. Mirarei a xente pasar, falando os sete falares. Quen sabe …
Amolándose tal vez?
As gaivotas planan ao redor das mesas. Estase moi ben aquí. Ule a sal, a  domingo e a liberdade.
Non me amoles! Séntanse pretiño de min un grupo de rapaces berrando e rindo. Bótolles unha ollada de esguello, a vida está para eles. Xente nova e leña verde todo é fume.
Adeus paz interior.
Vou pensar na miña inesperada xubilación. Cobrarei un salario todos os primeiros de mes. Repítome “O pasado xa pasou, é hora de avanzar”.
Farei unha viaxe … tomarei clases de interpretación …
Ai canto vou amolar!



viernes, 18 de marzo de 2016

UN CUENTO INESPERADO. Relato publicado en la antología "Ilusiones" de la Editorial Letras con Arte.


Ya en la calle, camino con un sol cálido que acaricia mi espalda. Busco un buzón de correos donde depositar una tarjeta. La llevo en mi mano derecha, meciéndola contra mi pecho, y sonrío pensando en su contenido.

Días antes decido escribir un cuento por Navidad a Carmen, mi amiga. Últimamente está triste; se recupera de una pérdida. Ya hace un tiempo que no nos vemos y la red social no nos da el calor de un abrazo.

Se merece mi entrega, mi atención. Escucharla y confortarla. Nos hicimos hermanas en la universidad, creamos hogar y luchamos por ser hoy lo que somos. Todo lo que aconteció en aquel tiempo de juventud, está marcado en nuestros corazones. Risas, lágrimas, amores. Días de cambio.

Se me ocurre escribirle en papel, es más cercano y divertido.

¿Es posible que no esté con los cinco sentidos?… Estoy distraída mirando escaparates vestidos de turrón y mazapán, y sueño con las reuniones familiares. Como sin querer, tatareo algún que otro villancico.


¡Pues nada! ¡Ningún buzón de correos a la vista! ¿Ya no existen? ¿Ya nadie envía cartas por correo ordinario?

Pongo toda mi atención, resulta extraño. Camino tomándome mi tiempo, miro a la izquierda, a la derecha. Nada.

Se me hace tarde. Es hora punta, el bus irá abarrotado de gente. Apuro el paso.

Ya cerca de la Plaza de España, le veo, allí, al otro lado de la calle, riéndose de mí, con esa boca grande y vestido de amarillo. No me da tiempo a cruzar, tengo el tiempo justo. Dos semáforos, un paso de peatones...

Decido arriesgarme, la tarjeta me quema en la mano.

¡Por fin, misión cumplida!

Divido el cuento de Navidad en seis partes. Le enviaré una cada día. Espero que “el gigante”, ese que era invisible, siga ahí.

Está siendo una experiencia emocionante, por lo que me imagino que a Carmen la va ilusionar. Es agradable que se acuerden de ti.

Cuando el cartero llegue con la misiva, -visualizo a mi amiga- una exclamación saldrá de su boca:

-Dios mío, y ahora qué… ¿Una multa de tráfico? ¿De hacienda?

Sus labios dibujarán una gran sonrisa iluminando sus ojos verdes, y estará expectante los días siguientes, esperando al hombre de la gorra con una nueva misiva en su cartera.

Para ella, mi amiga, un cuento de Navidad en fascículos.
Relatos participantes 1011. Publicados 157



ESE TANGO. (Febrero 2016) Semifinalista do IV Certame de MicroCatroRelatos do Café de Catro a Catro.






Co pé espido, Lola busca o fresco nos recunchos das sabas de algodón. Non dorme, dálle voltas a unha historia. Non ten acougo. Estas noites de insomnio o corpo aínda se lembra do somnífero. Esa pílula branca tan doada de engulir e do que ela sabe tanto.


-Probarei o método -dous -catro -sete para quedar durmida nun minuto. Din que é infalible.


- Un: Collo aire pola nariz durante 4 segundos.


- Dous: Manteño ese aire nos pulmóns ...


- Esas noites! Lola lembra e esboza o sorriso da nostalxia: Venres diante do espello. O perfilado do ollo. O cabelo recollido en moño baixo. Zapatos de tacón alto, negros, coma o vestido de costas espidas. O único adorno é un colar de contas de cristal de roca. Rematada a faenabícase na imaxe que lle devolve o espello. Ao seu paso un rastro de perfume mesturado co carmín framboesa dos seus beizos.


Saía a bailar tango. Aprendeuna un amor tolo que deixou atrás en Bos Aires. Coñeceu a felicidade a carón do porteño. Ten morriña das súas mans, grandes, de dedos finos e longos.

Espértaa dos biosbardos o timbre da porta que a fai saltar da cama. Son as oito da mañá.

Alborozada entra a peiteadora chea de cachifalladas e, detrás dela, a modista co vestido de noiva, branco inmaculado.

- Non caso! Só estou preñada! É un erro! ... Vou vomitar.


- Pero Lola, toleaches! Estás de cinco meses! Que vas facer!


Polo whatsapp do grupo de voda, cancela o casamento.


- Xa se encargarán de divulgar a nova.


Ela regresa ao calor do fogar, a felicidade estrañada.

A bailar o tango.



LA ANFITRIONA. (Febrero 2015) Un cuento de navidad.



Llaman a la puerta, en la cocina el reloj de pared marca las dos en punto. A tiempo para el aperitivo antes del almuerzo. -piensa la anfitriona.

¡Ellas están fantásticas!, labios rojo cereza, tacón de aguja…vestidas de fiesta. Ellos discretos, camisa blanca, pantalón oscuro, zapatos lustrosos y la sonrisa puesta.

Entre una maraña de saludos y besos, recogida de bolsos, abrigos y guantes, se acomodan.

Los canapés, preparados con esmero, están dispuestos igual que el vino, que hace rato la anfitriona puso a enfriar. El primer brindis -¡Feliz Navidad!- alabanzas de la bonita casa, gracias por la invitación, qué guapos los chicos…

Pasan al comedor. La mesa arreglada del día anterior con todo lujo de detalles, bajo plato, primer plato, copas de agua, vino y cava, seguidas de un sinfín de cubiertos acorde con la comida. Los candelabros, herencia de la abuela, son un clásico en estas fechas, la acompañan las cuatro copas de su madre que antes fueron de la suya y por supuesto no faltará el tradicional villancico de su padre que ahora es también de sus hijos.

La anfitriona se dispone a servir los manjares que, de madrugada, había cocinado entre un jaleo de sartenes y perolas al fuego. Al calor de los fogones, se suman los sofocos de las prisas y los nervios para que todo esté en su punto y a tiempo.

Sopa de marisco de primero, (almejas y gambas, son algunos de los ingredientes). De segundo, solomillo de pavo con frutos secos, regado de vino dulce. Lo acompaña batata al horno con leche y queso gratinado beaufor. De postre, peros de temporada al morapio con azúcar y canela.

El vino y la copiosa comida hacen su efecto, las risas se sueltan y la estancia se llena de calor y algarabía. Con el segundo brindis la anfitriona entorna los ojos humedecidos de nostalgia y recuerdos. Levanta su copa y, mirando sin ver, saluda a los que ya no están. Los invitados se arrancan con el cancionero popular, lo encabeza el villancico heredado.

Sobre el mantel blanco adornado con flores de Pascua, los juegos de mesa despiertan el ingenio y alargan un rato más la sobremesa.

Comienza el desfile, la anfitriona se levanta, recoge platos usados que lleva al fregadero y vuelve a servir el último postre. Los cafés continúan regados con brindis de cava.

La anfitriona ya no participa de la conversación, le puede el agotamiento, el trajinar del día y el pensamiento de recoger y limpiar.

Un rictus de cansancio asoma a su cara. Los labios pálidos, ya sin carmín. En el entorno de los ojos se hacen visibles unas arrugas que el día anterior no tenía. Las piernas le pesan y se mira los tobillos hinchados. La anfitriona no puede hacer otra cosa que recomponerse y sonreír. Malamente, se dió una ducha rápida para sacarse el olor de las seis horas cocinando, arreglarse el pelo y vestirse para la ocasión, pero cómoda, para moverse con agilidad.

Muy digna, la anfitriona, se despide de sus invitados con una última sonrisa. Les ayuda con los abrigos y demás complementos que yacen en los brazos de la silla en el recibidor. Un espacio armonioso, cálido, de color melocotón, de la pared cuelga un tapiz que compró en un viaje a Perú. Un adiós caluroso y hasta pronto salen de sus labios. Cierra la puerta y suspira.


Las copas ya vacías dispuestas en fila india en el fregadero, como un avión esperando pista para el despegue, a ser lavadas y devueltas al aparador hasta la próxima celebración.


Los platos miran desafiantes pero temerosos al trato que puedan recibir debido a la desazón de la anfitriona. Los guantes de goma los deja a un lado y con frenesí friega con las manos desnudas. -Una crema reparadora ayudará a suavizar la piel maltratada- se dice.

Agotada, después de la ardua tarea, se desliza arrastrando los pies por el parquet de la sala hasta el sofá de tres cuerpos, tapizado en colores ocres y verde agua que invita al descanso, dejándose caer a lo largo sin compostura. El sol de la tarde hace rato que se escondió por el oeste, dejando un dulce calor en la estancia que la adormece.

Los invitados reciben un último regalo, un paseo a la orilla del mar. El olor a algas y sal los envuelve y despeja del sopor de la comida. Con el sol del ocaso acariciando sus espaldas, contemplan la despedida y les deja un color rojo anaranjado en la retina.

La anfitriona, ya dormida, sueña…mira en un punto lejano siguiendo la Estrella de Belén y, a sus Majestades los Reyes Magos de Oriente le pide un deseo: "Templanza"

A EGÓLATRA (Enero 2016)



A voz sae rouca da miña gorxa despois de tanto tempo sen falar e, acaba ruxindo porque sinto unha furia inmensa.

Estou farto da súa prepotencia narcisista, esta que me chama amigo. Da súa sabedoría mal empregada, do seu ego. Do sorriso suspendido na súa cara, gustándose.

Cando cres que a vida é cálida e suave, aparece de novo coa súa intolerancia. Sen tregua.

Un torrente de palabras chega ao precipicio dos seus beizos, cuspidas sen sentido. Daniñas.

Non claudica, rexorde como a ave fénix cun novo tema: unha viaxe á lúa, a mellor tortilla de patacas, o problema dos políticos, relixión... Tanta vaidade! Ao empardecer, o desbordamento das nosas palabras cruzadas chegou ao seu termo. A ferida é profunda, non deixa de deitar sangue. Non hai sutura para a dor.

Unha tea de araña de engurras cubre a miña cara. Finxirei que todo está ben. Na intemperie da noite unha estrela fugaz atravesa o firmamento e pousa na miña mirada. Pídolle un desexo: “Temperanza”, que o aguillón da súa dicción fágame tremer o menos posible.

Dos berros que nunca quixen dar e das palabras que nunca debín pronunciar... Acusarei á lúa azul do mes de xullo e ás súas mareas vivas no atlántico.

Carmen Oliveira.


LA EGÓLATRA. (Traducción al español, texto original en gallego)


La voz sale ronca de mi garganta después de tanto tiempo sin hablar y, acaba rugiendo porque siento una furia inmensa.

Estoy harto de su prepotencia narcisista, ésta que me llama amigo. De su sabiduría mal empleada, de su ego. De la sonrisa suspendida en su cara, gustándose.

Cuando crees que la vida es cálida y suave, aparece de nuevo con su intolerancia. Sin tregua.

Un torrente de palabras llega al precipicio de sus labios, escupidas sin sentido. Dañinas.

No claudica, resurge como el ave fénix con un nuevo tema: El viaje a la luna, la mejor tortilla de patatas, el problema de los políticos, religión... ¡Tanta vanidad! En el atardecer, el desbordamiento de nuestras palabras cruzadas llegó a su término. La herida es profunda, no deja de sangrar. No hay sutura para el dolor.

Una telaraña de arrugas me enmarca la cara. Fingiré que todo está bien. En la intemperie de la noche una estrella fugaz cruza el firmamento y se posa en mi mirada. Le pido un deseo: “Templanza”, que el aguijón de su dicción me hagan temblar lo menos posible.

De los gritos que nunca quise dar y de las palabras que nunca debí pronunciar… Acusaré a la lunablue del mes de Julio y sus mareas vivas en el atlántico.

Carmen Oliveira.


ENTRETIEMPO. (Enero 2016) Microrrelato publicado en la antología "Otoño e invierno" de la Editorial Diversidad Literaria.

Recogieron ya la uva y el viento es nuevo. Me entretengo con el baile de las hojas en el árbol hasta que un aire juguetón de otoño las hace caer. Huele a leña; sin darme cuenta llegué al invierno. Disfruto con la lectura y con el juego de mesa. La tertulia aromatizada con café me hace recordar los largos días de verano. A través de la ventana miramos sin ver la niebla que desfigura el contorno de la realidad.

Carmen Oliveira.


BESOS USADOS. (Diciembre 2015) Relato publicado en la antología "Amores Perdidos" de la Editorial Letras con Arte.



Raquel navegó en las profundidades de su interior y rememoró:

_“Hechicera Inés”… los primeros besos soñados, llenos de promesas y de palabras sagradas. Luces de colores marroquíes. En Machu Picchu, risas, y mal de altura.

Aquel verano ¡hace tanto tiempo ya! Viajaban por la isla de Creta y el dios Eros enfadado con Afrodita, alocado y ocioso, jugaba en el Olimpo con su arco disparando flechas de plomo y desamor. Les dio de lleno, convirtiendo su querer en cenizas que echaron a volar en el cielo plateado del mar Egeo.

_ ¡Inés! ¡Esa culpa! Cadenas católicas que a fuego lento te amarraron. Te escondiste detrás de una careta, de un Carnaval perenne.

_ ¡Cómo se desbesan los besos! ¡Cómo!



Carmen Oliveira. 

VOLVER A EMPEZAR. (Diciembre 2015) Microrrelato publicado en la antología "Ellas" de la Editorial Diversidad Literaria.



Una última mirada a su hogar. Se despidió con un adiós desgarrado desde el alma huérfana. El pañuelo que cubría su cabeza no le permitía mostrar la mandíbula apretada, con furia, con miedo y dolor. Los ojos mudos, vacíos de lágrimas y palabras. Se unió a las demás mujeres.

Ellas, sin mirar atrás, peregrinan en el tren de la esperanza al viejo continente.


LA LLAMADA. (Octubre 2015) Segundo finalista del concurso de habla hispana "Letras con Arte" organizado por la Editorial Letras con Arte.


Preparo la maleta, meto unas mudas, lo justo para cinco días, quizás seis.

Un momento más, una última mirada… los cuadros que elegí con mimo cuelgan de las paredes. Acaricio con mi mano tibia y temblorosa “Montedidio” a medio leer en mi rincón de lectura, la manta para arroparme cuelga del brazo del sillón, fotografías y regalos hechos con tanto amor…

La luz que atraviesa la ventana inunda de color la estancia y mi equipaje se llena de recuerdos, en armonía y paz.

Cruzo la puerta de entrada y la cierro. Me espera otra, de color blanco, habitación de paredes blancas y sábanas blancas en un quinto piso.

Hace solamente una hora, 60 minutos, que el teléfono sonó…

“Hay donante”


MANUEL. (Noviembre 2015) Segundo Premio do concurso "Dillo a quen maltrata" do Concello de Lalín.




Querido irmán: Onte vin nos teus ollos unha mirada de carraxe cara a túa muller. É preciso que lembres!

Envíoche as derradeiras follas do diario de túa nai, que tamén é a miña.

Xullo 1994. O verán chegou con forza, é a miña estación favorita. Con gusto gardo a roupa do inverno xa durmido.

O medo non ten sono. Vivo a cabalo entre súplicas e perdóns.

É a hora do Ánxelus; fago un descanso, ordeno a mesa, colgo o teléfono que veño de empregar, collo o bolso e saio a por un merecido café.

Quedo sen fala … as mans súanme, un calafrío sacódeme. Acho no moedeiro anaquiños de tea. O estampado de meu camisón de flores pequenas, brancas e amarelas, margaridas exactamente, cortado en triángulos iguais. Que mágoa! Amábao! Era parte do meu enxoval, agasallo de miña nai.

Xa é outono, un asustado sol quere brillar, pero unha nube escura cruza o ceo anunciando posibles balloadas. Revólvome.

Quero mercar momentos, de tranquilidade, de sosego.

Camiño polo corredor a modiño, os nenos xa están deitados, pécholles a porta para que ningún ruído os esperte do seu soño recente.

Escoito os pasos, o medo apodérase de min, non alento, non fago ningún movemento estraño, o pulso vaime a mil. A náusea afógame.

Procuro que non note a miña presenza; tarde … achégase, noto o seu alento pastoso e fedorento no meu colo.

Pecho os ollos. Vírome, e na man ten unha cinta de medir estendida; un besbello atropelado sae da súa boca.

_“Un metro setenta, chega ben para o caixón”.

O inverno adiantouse. Na radio soa unha canción festiva. Cando foi a última vez que bailei?

Sento no sofá de brazos e respaldo alto, herdanza da miña avoa, descansando do día longo e difícil e pecho os ollos un intre.

Nese entresoño unha maraña de pensamentos pásanme pola cabeza;

_O Amor! Cando mudou?

Espértame do soño un líquido frío e pegañento, que me empapa o cabelo, derramándose por todo o meu corpo, mollándome o traxe novo que estreei esta mañá, na que “EL”, o meu home, me dixo que lucía fermosa.

O cheiro a whisky e un son de mistos que cortan o aire,paralízame.

Si Manuel, quizais ti non te decates, pero non vou consentilo! Aquí estou, para lembrarcho.


Carmen Oliveira.


MANUEL. Segundo premio del concurso "Dillo a quen maltrata" del concello de Lalín. (traducción al español, texto original en gallego)

Querido hermano: Ayer vi en tus ojos una mirada de furia hacia tu mujer. ¡Es preciso que recuerdes!Te envío las últimas hojas del diario de tu madre, que también es la mía.

Julio 1994. El verano llegó con fuerza, es mi estación favorita. Con gusto guardo la ropa del invierno ya dormido. El miedo no tiene sueño. Vivo a caballo entre súplicas y perdones. Es la hora del Ángelus; hago un descanso, ordeno la mesa, cuelgo el teléfono que vengo de utilizar, cojo el bolso y salgo a por un merecido café. Quedo sin habla… las manos me sudan, un escalofrío me sacude. En el monedero encuentro trocitos de tela. El estampado de mi camisón de flores pequeñas, blancas y amarillas, margaritas exactamente, cortado en triángulos iguales. ¡Qué lástima! ¡Lo amaba! Era parte de mi ajuar, regalo de mi madre.

Ya es otoño, un asustado sol quiere brillar, pero una nube oscura cruza el cielo anunciando posibles tormentas. Me revuelvo. Quiero comprar momentos de tranquilidad, de sosiego. Camino por el pasillo despacio, los niños ya están acostados, les cierro la puerta para que ningún ruido los despierte de su sueño reciente.

Escucho los pasos, el miedo se apodera de mí, no lo aliento, no hago ningún movimiento extraño, el pulso me va a mil. La náusea me ahoga. Procuro que no note mi presencia; tarde… se acerca, noto su aliento pastoso y repulsivo en mi cuello. Cierro los ojos. Me giro, y en la mano tiene una cinta de medir extendida; palabras confusas y atropelladas salen de su boca.

_”Un metro setenta, llega bien para la caja”

El invierno se adelantó. En la radio suena una canción festiva. ¿Cuándo fue la última vez que bailé? Me siento en el sillón orejero, herencia de mi abuela, descansando del día largo y difícil y cierro los ojos un momento. En ese entresueño un lío de pensamientos me pasan por la cabeza;

_ ¡El Amor! ¿Cuándo se acabó?

Me despierta del sueño un líquido frío y pegajoso que me empapa el cabello, derramándose por todo mi cuerpo, mojándome el traje nuevo que estrené esta mañana, en la que ¡ÉL!, mi marido, me dijo que guapa estaba.

El olor a whisky y un sonido de fósforos que cortan el aire, me paraliza.

Sí Manuel, quizás tú no te des cuenta, pero ¡no lo voy a consentir! Aquí estoy yo, para recordártelo.


Carmen Oliveira. Noviembre 2015