Levamos toda a nosa vida amando a palabra e fuxiu envolta no vento do norte.
Ve á súa busca. Atopa as verbas afogadas, solapadas polo
canto das sereas. Fálame do atardecer, do bosque despois da choiva. De ollos
verdes.
Deléitame cun gran festín de novas voces, fermosas, esculpidas
a tinta nese papel en branco. Deixa nun recuncho da túa imaxinación, pechado
con vinte cadeados, as que queiman: guerra, bomba, naufraxio, envexa...
Só amor.
Regresa aos meus beizos, sen tormenta, sen choiva. Sen
lodo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario