Chámome Manuela, teño cincuenta anos
e estou fraca. Levo o pelo sempre recollido en coleta para que non me moleste.
Non estou segura de que os meus ollos teñan a cor da mel –iso é o que me din–
porque cando peiteo o cabelo non me miro ao espello. Se o fago, as bágoas
desátanse e todo se embaza.
Con doce anos sacáronme da escola
por ser a maior e muller. Puxéronme ao coidado dos meus catro irmáns. O
carácter debilitóuseme. E o meu futuro distanciábase deles cada día máis. Os
meus pais amputáronme o dereito á liberdade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario