Na
oficina apenas entra a luz do sol. Uns vinilos, cor marfil, cobren as xanelas.
Son as dúas da tarde.
–Quédame media hora para rematar.
Marga
teclea con dedos ávidos o ordenador. O xefe está a ditarlle unha carta mentres a
súa mente flúe noutra dirección.
–Non quero pensar se me dan o traballo de directora
adxunta. Que dirá Pablo?, non lle vai sentar nada ben. Terá que ocuparse das
tarefas da casa, de recoller ao neno á saída da escola... Estou calma. É a
entrevista persoal definitiva.
Revisado
o texto, Marga pulsa a tecla de enviar.
DÍA DE LA MUJER

No hay comentarios:
Publicar un comentario