A voz sae rouca da miña gorxa despois de tanto tempo sen falar e, acaba ruxindo porque sinto unha furia inmensa.
Estou farto da súa prepotencia narcisista, esta que me chama amigo. Da súa sabedoría mal empregada, do seu ego. Do sorriso suspendido na súa cara, gustándose.
Cando cres que a vida é cálida e suave, aparece de novo coa súa intolerancia. Sen tregua.
Un torrente de palabras chega ao precipicio dos seus beizos, cuspidas sen sentido. Daniñas.
Non claudica, rexorde como a ave fénix cun novo tema: unha viaxe á lúa, a mellor tortilla de patacas, o problema dos políticos, relixión... Tanta vaidade! Ao empardecer, o desbordamento das nosas palabras cruzadas chegou ao seu termo. A ferida é profunda, non deixa de deitar sangue. Non hai sutura para a dor.
Unha tea de araña de engurras cubre a miña cara. Finxirei que todo está ben. Na intemperie da noite unha estrela fugaz atravesa o firmamento e pousa na miña mirada. Pídolle un desexo: “Temperanza”, que o aguillón da súa dicción fágame tremer o menos posible.
Dos berros que nunca quixen dar e das palabras que nunca debín pronunciar... Acusarei á lúa azul do mes de xullo e ás súas mareas vivas no atlántico.
Carmen Oliveira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario