Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 14 febreiro “Só por hoxe “quérote””
Amor:
Eu xa sei que a ti non che gusta, pero a min encántame!
“Hoxe é o día
dos enamorados… Xuntemos o teu sorriso e
a miña canción…”
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 10 Marzo “Só por hoxe necesítote ”
Amor,
sabes? No comercio da rúa Laranxa, esquina Oliva, merquei uns zapatos vermellos!
Son
de tacón altísimo , coma a ti che gustan!
Enfeitízate
verme camiñar, e o parviño que te pos
cos eloxios!
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 23 Marzo “Só por hoxe son feliz”
Amor:
Lémbraste do chiste de “Chiquito de la Calzada” que tanto che gusta e
que eu odio?, pois hoxe pasárono pola tele. Rin a gusto, sentín as túas mans
facéndome cóxegas. Por deus!, para para…
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 17 Abril “Só por hoxe traballo con afán”
Meu
amor, que día fermoso fai hoxe! É un deses días nos que o sol nos da a benvida,
nos acolle, nos invita; e xuntos, man
sobre man, camiñamos sen falar.
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 3 Maio ” Só por hoxe vótote de menos”
Jajajajaja amor! Lembras aquel pequeno hotel na vila
mariñeira de Laredo!
Amámonos
con tanta paixón que solo recordalo estremezo. Seguro que aínda cheira ao noso
perfume!
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 18
Xuño ” Só por hoxe ámote”
Querido
meu: Domingo!, como corren os días!
Estou
preguiceira , veño de espertar pensando en ti, collín a foto, aquela onde estás
a presumir de bo corpo, lembras?, a que teño na mesa de noite de meu lado da
cama?, e bícote, bícote, bícote.
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 10 Setembro “ Só
por hoxe teño bo dia”
Vida
miña! Parabéns! 48 anos! . Vouche facer
o teu almorzo favorito: sabes? Ese que
te chupas os dedos, aínda que despois teñas que poñerte a dieta. Co presumido que ti es!, e tamén algunha lambetada, xa veras!
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 5 Outubro “Só
por hoxe son amable”
O
outono chama á porta. Na aldea recolleron xa a uva. Lembras cando a machucabas
no bocoi?
Cheirabas
a viño e leña. E despois ... ruborízome só de pensalo.
Quérote
meu amor.
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 9 Outubro “Só
por hoxe estou doente”
Querido:
Hoxe estou enfadada, berrei cos rapaces!, xa sabes, polo mesmo de sempre.
Téñenme
farta! . Que aburridos!
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González <brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 15 Outubro: ” Só por hoxe estou triste”
Meu
amor! Espertei ás cinco da mañá , estirei o brazo e non te atopei. Teño frío.
Enviar
Mensaxe novo
Para Bruno González<brunogonzalez@hayoo.es>
Asunto 1 Novembro “Só por hoxe non me arrepinto ”
Meu
amor, meu amor: Eles teñen a razón, hoxe é un día como outro calquera; non, é
mellor, hai vento e as cinzas farán un remuíño
que te levará ao firmamento. Lucirás
como unha estrela e despregarás unha escada de cores; subirei un chanzo un día, e ao seguinte outro,
e outro, e outro máis…
Enviar

No hay comentarios:
Publicar un comentario